Ir al contenido principal

Pastel de carne e tortilla

Vin esta receita nun blog do que non consigo recordar o nome para citalo, tomei nota nun papel pero non do nome, sinto e que non lle pareza mal.

Imos a ter na mesma preparación todo un completo de carne e patacas. E imos a necesitar os seguintes ingredientes:


250 grs de touciño
400 grs de carne picada
50 grs de ketchup
1 cullerada de pan relado
1 ovo batido
2 ovos cocidos
6 lonxas de queixo
8 pementos do piquillo
2 patacas grandes

1 cebola pequena
2 ovos
Aceite sal e pementa


Forramos un molde alargado cas lonxas de touciño.
Botamos a carne nun bol e engadimos o ketchup, a sal, a pementa, o ovo batido e a cullerada de pan relado. Misturar ben todos os elementos.
Poñer a carne no molde formando unha capa e no centro poñer os ovos duros cortados pola metade, facendo presión para metelos un pouco na carne.
Tapar co queixo e por riba os pementos do piquillo.
Pelamos as patacas en rodelas finas, poñémolas nun recipiente adecuado para microondas ca cebola picada e un chorriño de aceite durante 10 minutos a máxima potencia, remexendo de vez en cando. Eu remexín cada 3 minutos.
Batemos os ovos e botamos sal, mesturamos cas patacas. Botamos por riba dos pementos e tapamos co touciño que sobresae dos lados. Engadiremos algun touciño máis si fixera falla pera que estea todo cuberto.
Prequecemos o forno a 180º e meteremos durante 40 minutos. Deixar arrefriar.
Para servir sacaremos do molde e volveremos a meter no forno para gratinar o touciño que quedou polo interior do molde.
Pódese servir con un bo prebe de tomate.