Parece que volve o calor, pois un entrante fresquiño que se pode facer con antelación e ter no refrixerador ata a hora do servizo.
Como case sempre nos petiscos non dou medidas, penso que vai no gusto de cada quen as proporcións a misturar, neste eu necesitei:
Sandía
Queixo Philadelphia
Queixo Roquefort
Pepinillos
Olivas negras
Salmón afumado
Facemos do seguinte xeito: Misturamos os queixos na proporción que máis nos conveña. Se vos gusta forte usade Cabrales, é auténtico.
As olivas, os pepinillos e o salmón picámolos ben fino e engadímolos a mistura de queixos.
Pelamos a sandía e cortamos en toros grandes, con un corta pastas de catro cms. de diámetro facemos os cilindros de sandía e con un descorazonador de mazás o oco interior do cilindro.
Enchemos ca mistura de queixos e decoramos. Para a decoración aproveitei os mesmos elementos da mistura, pepinillos e as olivas que recheo de unhas tiras de salmón.
Moi fresco e boa mistura de sabores.