Ir al contenido principal

Pastel de patacas con verduras e prebe de piquillos

Estamos diante dun primeiro prato moi saboroso e moi vexetariano, con unha mistura de sabores interesante.
Imos a necesitar:

1/2 pemento roxo
1/2 pemento verde
1 cebola
1 cenoria
2 dentes de allo
100 grs de champiñóns
1 kg de patacas (ou unha bolsa de escamas de pataca)
30 grs de manteiga
50 ml de aceite de oliva
150 ml de tona
2 ovos
queixo relado
Sal e pementa
Para o prebe de piquillos
1 bote de pementos do piquillo
2 dentes de allo
Aceite de oliva
O líquido dos pementos
Sal
1 cullerada de azucre

Facemos o seguinte:
Lavamos as patacas. Poñémolas a ferver en auga con sal, unha vez cocidas e en quente, pelámolas e pasámolas polo pasapurés. Si costa pasalas bótaselle unha pouca auga de cocelas. A outra opción é facer un puré con escamas de pataca (o de Maggi trae 4 bolsas utilizar unha seguindo as instruccións do fabricante).
Picar a cebola e o allo e sofritir. Cando estea transparente engadir os pementos e a cenoria cortados en dados, deixar sofretir e engadir os champiñóns picados, deixar facer.
Engadir as verduras o puré de patacas misturar con unha culler de madeira, engadir a nata, a manteiga atempada, os ovos batidos e rectificar de sal e pementa. Remexer ata que se integren ben os líquidos có puré.
Botar a mestura nunhas flaneiras individuais (previamente untadas de manteiga e fariña, se son de silicona non o necesitan) botar o queixo relado por riba e introducir no forno prequecido a 200º . Deixar ata que estea gratinado.
Prebe de pementos de piquillo 
Dourar, nunha tixola, os allos nun pouco de aceite, engadir os pementos e sofritir o conxunto engadir a sal, o azucre e a auga dos pementos. Pódese engadir un pouco de caldo. Triturar e reservar.
Servir os pasteis co prebe de piquillos.
Merece a pena o traballo, o resultado final é bo.