Ir al contenido principal

Langostinos ó forno

Outro petisco rápido e sinxelo, que fai moito calor na cociña.

Langostinos
Sal
Aceite

Colocamos os langostinos nunha fonte que poida ir ó forno.
Botámoslle sal gorda, con xeito, e un chorreón de aceite de oliva.
Prequentamos o forno a 200º e introducimos os langostinos uns 10 minutos.
Igual de saborosos que a prancha, pero sen manchar e sen fumes.
Bo proveito.