Ir al contenido principal

Xarrete guisado

Como bos dixen máis arriba o prato forte do día foi de carne. Foi un guiso de unha peza que para min e dos mellores do animal, o xarrete. É unha peza moi agradecida, moito se teñen que torcer as cousas para que vos saia mal, e si, ademáis, contades con un carniceiro como o meu amigo Luis, o éxito está garantido. Non hai foto, cando acordei o persoal xa dera boa conta do prato, pero e tan sinxelo que non a necesita. Prometo poñela a próxima vez que o faga.

Dou as medidas para 10 comensais:
2,5 kgs. de xarrete de tenreira (cálculo: 250 grs/persoa)
ceboliñas pequenas (varias a o gosto)
1,5 litros de viño branco (que sea bo e do ribeiro, un mal viño escaralla o prato)
8 dentes de allo fileteados
Sal
Aceite de oliva
Patacas


Adobar a carne cortada en anacos grandes co viño e os allos fileteados, deixalo da noite anterior.
Escorregar a carne e dourala en aceite ben quente. Non tirar o viño do adobo.
Retirar a carne, e no mesmo aceite dourar as ceboliñas, con lume menos forte. Cando estean douradas, engadir o adobo da carne e desgrasar con unha espátula.
Incorporar a carne e deixar facer a lume lento ata que estea branda (eu boto unha hora e media máis ou menos).
No tempo que se fai a carne, frítense unhas patacas cortadas en anacos. Cando lle queden uns 10 minutos incorpóranse as patacas. Intégrase todo e sérvese quente.
Simplemente espectacular.