Pois esta fin de semana non houbo cociña, houbo andaina. Xa dende hai algún tempo, a familia que temos de Valencia e máis Castela-A Mancha, víñanos dicindo que si os acompañábamos a unha saída de un grupo de amantes da natureza, que, polo menos, unha vez a o mes saen a percorrer esta terra infinita na que temos a sorte de vivir.
E onte, día 12, tiñan a de invernía, que lle chaman. Un pequeno percorrido e unha boa comida, o plan era bo.
Máis o que pesou foi a andaina e coñecer a ese grupo de persoas nas que, salvo algunha excepción, non sabiamos quens eran.
A experiencia foi do máis positivo e a idea é participar para o ano vindeiro en O Camiño, que durante todo o ano e a razón de unha etapa cada mes farase dende Cacabelos.
Nos, por situación familiar, non poderemos asistir a do mes de xaneiro, pero non faltaremos a de febreiro.
Se queredes información, poderédela conquerir en Vía Auria.