Aínda que non houbo cociña e si houbo andaina, non me resisto a poñer unha pequena receita que xa vin e fixen xa
hai algún tempo.
Penso que nestas datas pode ir moi ben como petiscos. É moi doada e pódese preparar con anterioridade.
Imos a necesitar:
150 grs de queixo de cabra en rulo
75 grs de queixo philadelphia
6 lonxas de xamón curado
50 grs de améndoas fritas
Procederamos da seguinte maneira: quitaremos a codia do queixo de cabra. Mesturaremos os dous tipos de queixo, ata conseguir unha masa homoxénea. Con dúas culleriñas de sobremesa faremos unhas bolas que iremos poñendo nun prato que levaremos a o frigorífico ata que se endurezan.
Mentres colocamos as lonxas de xamón nun prato, sen que solapen unhas sobre as outras. Métense no microondas, a máxima potencia, durante 3 minutos (depende da potencia do microondas), ata que estean crocante.
Unha vez frío o xamón, trituralo xunto con as améndoas.
Rebozar as bolas nesta mestura de xamón e améndoas. Gardar no frigorífico ata o momento de servir.
Cos ingredientes que indico, deberían de saír unhas 30 ou 35 bolas do tamaño de cereixa. As das fotos son case de tamaño de croqueta, é que somos de bocado longo.