Ir al contenido principal

Polo Picantón Asado

Isto non ten moito misterio, pero estaba moi bo.
Cantidades para dous polos picantós
2 polos picantós
2 dentes de allo
1 culleriña de ourego
1 culleriña de tomiño
1 culleriña de perexil
1 culleriña de mostaza
1 copa de coñac
1 mazá
aceite
sal e pementa


Cortar as mazás pola metade e deixar macerando co coñac.
Co allo, o tomiño, o ourego, o perexil, sal, pementa e o aceite preparar o adobo, cando estea feito, engadir a mostaza.
Chamuscar as pequenas plumas que traen os polos, rematar a limpeza por dentro. Salpimentalos e adobalos polo interior
e meter media mazá. Bridar e adobar por fora.
Poñer nunha fonte de forno e engadir o coñac de macerar as mazás.

Prequentar o forno a 200º e meter os polos con a peituga para enriba durante 40 minutos.
Dar a volta e fornear a 210º durante 20 minutos.
Está feito.
Como guarnición fixen unhas bólas de patacas risoladas.
A técnica de estas patacas, consiste en blanquealas (escaldalas) en auga fervendo, durante 2 ou 3 minutos, escorregalas, e deixar que sequen tapadas con un pano.
A continuación remátanse facéndoas nunha materia grasa (aceite, manteiga, etc.).

Eu fíxenas en aceite, primeiro con unha temperatura baixa, para contra o final subila para que se doren.
A salsa da fonte do asado ponse a parte para uso dos comensais.