Ir al contenido principal

Perna de cordeiro con patatas panadeira

Coido que non toquei esta carne en ningunha das entradas anteriores, así que vai sendo hora de que lle demos unha oportunidade. Os ingredientes de imos a necesitar para catro persoas son os seguintes:


1 Perna de cordeiro
8 patacas medianas
1 cebola
2 dentes de allo
Manteiga de porco
Sal
Pementa negra
Romeiro
250 ml de un bo viño branco
250 ml de auga mineral


Untamos a perna ou pernas con manteiga de porco, engadimos o romeiro, salpimentamos e poñemos no forno quente a 200º uns 15 ou 20 minutos. Neste tempo xa estará dourado.
Chegado este momento regamos co viño e ca auga por riba da peza. Poñemos o forno a 180º e nuns 60 ou 70 minutos debería de estar feito (cada quen coñece o seu forno), remollar de cando en vez co liquido da cocción. Se tedes sonda o cordeiro está o punto cando a temperatura no corazón da peza alcanza os 71º, se o queredes un pouco máis pasado, o meu consello e que non pase de 77º.
Mentres se fai o cordeiro, pelamos e cortamos as patacas en rodelas. Fritimos a lume brando xunto ca cebola tamén cortada en rodelas. Cando abranden pasámolas a unha fonte de forno e o rematar o cordeiro poñemos as patacas salpimentadas ata que se douren.
A presentación o voso gusto.