Ir al contenido principal

Xoubas guisadas (Pepe Solla)

Despois de algúns días de inactividade por falta de tempo (eufemismo de vagancia), veño con unha receita de Pepe Solla.

Os ingredientes para 4 persoas serían os seguintes:

24 xoubas
1 cebola
1/2 porro (parte branca)
1 pemento vernmello
2 patacas
300 ml de caldo de pescado
1 dente de allo
Pemento picante
Aceite

Con estes ingredientes, picamos as verduras moi finas e douramos nun pouco de aceite. Engadimos o pemento picante (ou doce) e o caldo de pescado. Botamos as patacas, que teremos cortadas en rodelas, e guisámolas cas verduras. Poñemos a punto de sal.
Limpamos as xoubas quitando a cabeza e a tripa (o tema da espiña queda ó gusto do usuario, se son do tamaño adecuado non é necesario), poñémolas sobre o guiso e dámoslle a volta de seguido. Retiramos do lume e deixamos que se fagan fora do lume co calor residente.
Presentamos no fondo do prato o guiso das patacas e poñemos por riba as xoubas.

Un guiso imprescindible na nosa cociña tradicional.