Coma todas las semanas (ou case que todas) vou a poñer unha receita.
Neste caso faremos un prato con solombo de porco (pódese ser de tenreira) e imos a necesitar:
1 solombo de porco (debe dar 8 medallóns)
8 rebandas de touciño
250 grs de champiñóns
250 ml de tona para cociñar
1 chorro de coñá
Aceite, sal e pementa verde en grao
Poñemos aceite nunha tarteira e salteamos os champiñóns e salgamos (non boto allo para que o sabor dos mesmos sexa máis intenso). Cando se evapora o exceso de auga dos champiñóns, botamos o chorro de coñá e flamexamos (ollo cá campá extractora). Engadimos a tona e os graos de pementa verde.
Mentres se fan os champiñóns, collemos o solombo e faremos medallóns de uns 2 ou 3 cms.
Albardamos os medallóns có touciño e suxeitámolos con unha broqueta.
Nunha tixola con un pouco de aceite, pasamos o solombo, si é de porco deberemos de ter coidado que se pase por dentro, máis coidar que quede zumarento.
Empratamos e engadimos ó prebe o zume que soltou a carne.