Ir al contenido principal

"Susi" de cabaciña

O bo si breve dúas veces bo (Baltasar Gracián), si falamos de lecer o amigo Gracian está ben equivocado. O dito, rematou e xa estamos nela. Como todas as fins de semana a practicar na cociña, e esta fin de semana houbo: petisco, prato forte e sobremesa, iso é que viña con forzas. Pois ben si no resto da semana houbese tempo de algo máis, seredes os primeiros en sabelo.
Imos o que nos interesa, que o é petisco co que empezamos (a maiores démonos un capricho e acompañámolo de uns camaróns e uns langostinos, tempos de cocción noutra entrada deste blog).
Non bou a poñer cantidades, soamente ingredientes as cantidades vos veredes segundo os comensais.
INGREDIENTES:
Cabaciña
Salmón ou troita afumada
Queixo Philadelphia
Trufa

Con unha mandolina ou aparello que permita cortar fino, facemos unhas tiras a o longo da cabaciña. Dámoslle un branqueo en auga fervendo e deseguida pasámolas por auga moi fría, para parar a cocción e que conserve a súa bonita cor verde.
Sobre un pano limpo colócanse estiradas e tápanse con outro pano para que se sequen.
Poñémoslle a troita ou o salmón e untamos de queixo Philadelphia. Picamos a trufa e botámoslla no queixo.
Enrolamos e temos o petisco preparado.