E por fin chegamos a sobremesa, fixen unha torta moi sinxela e relativamente rápida de facer.
Necesitei para un molde (eu uso de silicona) de 25 cms. o seguinte:
350 grs de requeixo
50 grs de manteiga
150 grs de galletas
200 grs de azucre
1 vaso de tona líquida
1/2 vaso de licor de limón
3 ovos
1 limón
Partimos as galletas groseiramente e misturámolas con o licor de limón e ca manteiga derretida no microondas.
Forramos o fondo do molde ca pasta resultante.
Separamos as claras das xemas. Montamos ás claras a punto de neve.
Batemos as xemas, e engadimos o requeixo, a tona, o azucre, o zume de medio limón e un pouco de reladura do mesmo.
Engadimos ás claras a punto de neve e misturámolas de forma envolvente e con coidado, para non romper a escuma.
Unha vez estea ven misturado vertémolo no molde, sobre a base de galletas, e poñémolo no forno prequecido a 180º entre 50-60 minutos.
Servir cando estea frío.