Estos días atrás foi o Día da Tapa e aínda que teño o blog un pouco abandonado, este blog non podía quedar ó marxe e como non podía ser de outra maneira usando conservas.
Unha das sinais de identidade deste blog, é o apego que ten por facer preparacións de pinchos e polo uso das conservas neses pinchos.
Eu usei uns pementos, asados, ecolóxicos de calidade, pero evidentemente tamén os podedes asar vos.
- Batemos os ovos e engadimos as aromáticas que mais nos gusten.
- Cortamos os pementos en tiras, engadimos allo ben picado e aceite de oliva virxe. Reservamos.
- Abrimos polo medio as minis flautas e poñemos no forno a 200º, durante uns seis minutos partindo de frío.
- Nunha tixola pequena imos facendo mini tortillas.
- Con todo listo, montamos a nosa tapa: sobre o pan a tortilla, sobre ela os pementos e rematamos con un par de anchoas.
Podemos levalo a nosa mesa sen tapa ou con ela, como se fose un mini bocadillo. Sea cal sea a maneira, vai a gustarlle os vosos comensais.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito