Ir á receita en castelán
Ca presa que semicurei o outro día, imos a facer unha segunda tosta, que leva como engadido, unha pasta feita con anchoas e sardiñas.
- Presa semicurada
- 1 anchoa en conserva
- 2 sardiñas en conserva
- 2 porcións de queixiños
- 1 culler pequena de mostaza
- 2 culleradas de auga
- Aceite de oliva
- Vinagre de mazá
- Pan
- 1 tomate
- 1 ceboleta
- Mozzarella
- Brotes de ensalada
- Noces
Como vos comentei arriba, imos a facerlle un contrapunto á carne, cunha rica pasta que nos pode servir para a elaboración de outras preparacións que se nos veñan á cabeza.
- Cortamos o mais fina posible a presa que curamos tal e como podedes ver neste enlace. Reservamos.
- No vaso da batedor poñemos as sardiñas sen espiñas, a anchoa cortada e as dúas culleradas de auga. Trituramos con batedor. Incorporamos a mostaza e o queixo e volvemos a bater. Cando a mestura está lisa engadimos o aceite en fío para que emulsione. Reservamos.
- Cortamos o tomate e a ceboleta en pequenos anacos e, nun bol, maceramos con unha cullerada de vinagre de mazá, sal e aceite de oliva.
- Untamos a base da tosta ca crema de sardiñas, poñemos por riba os brotes de ensalada que aliñamos co tomate e ceboleta reservados. Mozzarella en lonchas e a presa semicurada por riba. Picamos groseiramente as noces.
- Regamos con aceite de oliva virxe e lista para a mesa.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito