Ir al contenido principal

Xarda ó sal

Ir á receita en castelán
Como non pode ser doutro xeito, se andas por porto de mar, o peixe ten que ir a túa mesa.
  • 4 xardas
  • 500 grs de sal grosa (aprox)
  • 1/2 vaso de viño branco
  • Herbas aromáticas ó gusto
  • Allo
  • Pirixel
  • Aceite de oliva virxe
Imos a facer un peixe ó sal, pero sen cubrilo de todo e usar o vapor da cocción.
Neste caso o peixe é xarda, pero con robaliza, dourada, sargo, etc. tamén iría de marabilla.
Imos a usar un bo viño, pois os sabores do mesmo e das herbas van a ir a parar o peixe.
  1. Pedimos na peixería, que lle retiren as espiñas as xardas e nos fagan os lombos
  2. Mesturamos o sal cas herbas aromáticas escollidas e o viño. Mesturamos ben.
  3. Nunha tixola ampla e con tapa, cubrimos o fondo e laterais con papel de aluminio (para non raiar a tixola) e poñemos unha capa de sal coma dun centímetro.
  4. Levamos ó lume e deixamos que queza, cando ó tocarlle nos queime poñemos os lombos da xarda (ca pel para abaixo), tapamos e deixamos que se vaia facendo entre 5 e 10 minutos. Xa ides vendo como vai cambiando de cor.
  5. Mentres se fai, picamos o allo e o pirixel e mesturamos co aceite.
  6. Retiramos do lume e deixamos repousar uns minutos tapada. 
  7. Servimos os lombos acompañados dunhas patacas cocidas e todo o conxunto regado co aceite con allo e pirixel.
Xa tedes unha forma limpa, rápida e fácil, de disfrutar do peixe con todo o seu sabor.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es