Ir á receita en castelán
Aínda que esteamos de vacacións, podemos facer unhas saborosas receitas. Ademais de moi fáciles.
- 1 quilo de pescada
- 200 ml de tona para montar
- 3 culleradas de mostaza
- 1 ceboleta
- 1 dente de allo
- Patacas
- 1/2 cebola
- 3 pepinillos en vinagre
- 1 cullerada de alcaparras (se vos gustan)
- A reladura dun limón
- Pirixel
A pescada é un dos peixes cunha das texturas mais suaves, pero si nos pasamos na cocción, pode resultar o mais seco de todos.
Eu, normalmente, o poño na auga fervendo, cando lle faltan uns cinco minutos as patacas e logo deixo que repouse uns minutos no caldo da cocción.
- Preparamos o prebe, picando a ceboleta e refogamos ata que a cebola estea transparente. Mentres imos picando o dente de allo, os pepinillos, as alcaparras e o pirixel.
- Cando a cebola está no seu punto, engadimos o allo, o pepinillo e as alcaparras. Damos unhas voltas e incorporamos a tona. Remexemos para que a tona espese. Engadimos a mostaza, a reladura do limón e o pirixel picado. Mesturamos ben e reservamos. NOTA: se a deixamos feita con antelación, tomaremos a precaución de tapar cun film de cociña en contacto co prebe).
- Pelamos e poñemos a cocer as patacas en auga, ca media cebola, unha rama de pirixel e un cuarto de limón.
- Vemos que as patacas lle quedan uns cinco minutos e engadimos as rodelas de pescada. Deixamos facer, retiramos do lume e deixamos repousar uns minutos.
- Poñemos un fondo de prebe no prato, por riba a rodela de pescada, unha pataca e acompañamos co resto do prebe na mesa.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito