Ir al contenido principal

Patacas recheas

Ir a receita en castelán

Que tal, pode parecer que non pero aínda ando por estes lares. O que ocorre é que entrei en período de vagancia extrema, algo ocupado tamén estiven.
Imos a retomar o tema con unha receita ben sinxela: unhas patacas recheas.
Estas ímolas a facer ó forno, segundo unha receita que vin nun folleto da IXP de pataca de Galicia. Deixo o enlace a outras que fixen, pero en prebe, Patacas, cebolas e tomates recheos, por se fora do voso interese.
Pois entón para as de hoxe precisaremos:

8 Patacas
1 Cenoria
1 Cebola
1 pemento
2 dentes de allo
200 grs de carne picada
Prebe de tomate
Pan ou queixo relado
Sal e pementa

Lavamos as patacas e cocémolas ca súa pel. Reservamos.
Picamos as verduras e refogamos nun pouco de aceite. Cando as verduras estean no seu punto, engadimos a carne picada e mesturamos ben cas verduras.
Incorporamos o prebe de tomate e salpimentamos. Deixamos que se faga o conxunto uns 15 minutos.
Pelamos as patacas que temos reservadas e cun sacabolas imos facendo un oco nelas.
Enchemos as patacas co recheo e botamos por riba, pan relado ou queixo, queda a vosa elección.
Introducimos no forno prequecido a 180º ata que vexamos dourada a parte superior (uns 10 minutos aprox).
Non vos queixaredes, un prato sinxelo e con sabor.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito