Ir al contenido principal

Canelóns vexetarianos

Ir a receita en castelán

Que vos parece se hoxe deixamos a carne e o peixe, e facemos un rico e apetitoso prato de verduras.
Non vos descubro nada novo do beneficiosos que son os vexetais para o noso corpo e ademais, penso que pode ser unha forma de ir introducindo as verduras nos máis cativos, tan pouco inclinados a que se incorporen na súa dieta.
Non vou a poñer cantidades, xa que é moi fácil de calcular en función dos comensais.
Pois entón necesitaremos:

Pasta para canelóns

Cabaciña
Pemento roxo
Porro
Cenoria
Espárragos verdes
Espinacas (para a bechamel)
Queixo relado
Sal e pementa
Bechamel para napar (medidas para un litro)
1 litro de leite
60 grs de manteiga
60 grs de fariña
Pementa branca
Noz moscada
Sal

Pois con todos os ingredientes aprovisionados, comenzamos poñendo o pemento no forno prequentado a 200º con sal e untado en aceite, ata que estea feito.
Deixámolo atempar tapado, pelámolo e cortamos en tiras.
Mentres se fai o pemento, cocemos as placas dos canelóns segundo indicacións do fabricante. Eu uso unhas que non necesitan cocción propiamente dita.
Limpamos os vexetais e cortamos en bastóns a cenoria e a cabaciña.
Escaldamos un par de minutos, os bastóns da cenoria e a cabaciña. Os espárragos (poden ser de bote e non precisan o escaldado) e os porros enteiros.
Escorregamos e cortamos os porros en cuartos o longo.
Tede presente que coincidan aproximadamente para poñer nos canelóns.
Repartimos as verduras nas placas dos canelóns, enrolamos e poñemos nunha fonte que poida ir ó forno. Reservamos.
Lavamos e picamos as espinacas.
Poñemos a manteiga nun cazo e cando torne líquida, incorporamos a fariña que remexeremos, coma un minuto, para sacarlle o sabor a fariña e que se toste un pouco.
Deixamos atempar un pouco o noso roux (fai que non se formen grumos), mentres quecemos o leite.
Levamos novamente o roux ó lume e imos incorporando os poucos o leite quente sen deixar de remexer. Engadimos sal, pementa branca e noz moscada.
Unha vez cocida incorporamos as espinacas picadas, cocemos uns minutos máis e botamos por riba dos canelóns reservados (que cubra ben a pasta pra que non se reseque), agregamos o queixo relado e levamos ó forno prequentado a 180º uns 20 minutos.
Comer quente este estupendo prato de vexetais.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito