Ir al contenido principal

Tosta D.O. Extremadura

Ir a receita en castelán

Como xa vos contei onte, nesta Semana Santa estivemos por terras de Extremadura, e coma sempre na viaxe de volta sempre ven algo de comer.
Nesta ocasión trouxen para probar unha torta de queixo que non era a de Casar, se non un Queso torta de Trujilllo. A experiencia foi positiva, penso incluso que para aqueles que se lle fai un pouco forte a do Casar, coido que esta ha de resultarlles un pouco máis suave. Sinto non poder dar a marca do aceite, foi o contedor do vidro sen anotar o nome.

Ben a tosta que fixen é moi sinxela, máis toda ela no seu conxunto é unha explosión de sabor.

Usaremos:
Pan
Queso torta de Trujillo
Pementón agridoce de La Vera
Aceite de Oliva Vírxe da Sierra de Gata

Cortamos o pan en rebandas, canto mellor sexa o pan mellor, pois e a contribución galega o prato. Facémolo no forno, sen prequecer, a 200º, 5 minutos.
Untamos o queixo na rebanda, agregamos un pouco de pementón agridoce e regamos con aceite.

Non deixedes de probalo. Non sei se será a mestura perfecta pero aproxímase.