Ir al contenido principal

Por terras de Extremadura

Nestes pasados días de lecer en Semana Santa, fixemos unha pequena viaxe, unha vez máis por Extremadura.
Da provincia de Cáceres tíñamos pendente o noroeste, As Hurdes.
Carreteiras moi ben asfaltadas, máis segundo ías avanzando, e ías vendo como se tornaba o camiño, non che resultaba moi difícil entender que hai uns 40 ou 50 anos o acceso tiña que ser infernal.
A realidade actual e outra, oliveiras (un dos mellores aceites de oliva xunto ca Serra de Gata), zona arborada, monte baixo tamén, pero algo común a todo: un monte limpo e a diferencia dos nosos nin un centímetro cadrado de monte queimado. Xusto o noso monte.
Unha rede de turismo rural con un cheo total e de unha gran beleza para a vista.
Xantamos en Huetre, Pensión Marisol: fabas brancas con chourizo e porco, caldereta de cabrito, cochinillo frito e torrijas. Sen palabras.
O día seguinte aproveitamos a visitar o Teatro Romano de Medellín, descuberto non hai moito e aberto de forma excepcional o público neses días.
Bastante máis pequeno co de Mérida, pero o decuberto moi ben conservado. Forma conxunto cun castelo medieval que coroa o pequeno alto onde está ubicado.
Neste día xantamos en Don Benito: tosta de morcilla e ovos, tosta de queixo de cabra con cebola caramelizada e pluma o Pedro Ximénez.
Extremadura un gran pracer para os sentidos.
De volta para a casa, e como víñamos con tempo, fixemos unha parada onde sempre diciamos que tíñamos que visitar e nunca parábamos: Urueña.
Población situada en la Tierra de Campos (Valadolid) declarada Villa del Libro, distinción que soamente teñen outras 14 vila en todo o mundo. Moi ben conservada, é unha vila amurallada situado nunha lomba dende a que hai unha extensa vista dun fermoso val.
Fora das murallas vimos a Iglesia de Nuestra Señora de la Anunciada.
De regreso a autoestrada, merece a pena un pequeno desvío a San Cebrián de Mazote onde se poderá visitar unha fermosa igrexa mozárabe estupendamente conservada.
Non perdades a ocasión das visitas.
Nota: nesta entrada irán as fotos de Las Hurdes e en otras entradas sen texto as de Medellín e Urueña.