Ir a receita en castelán
Esta receita tráeme recordos ma miña infancia, unhas patacas recheas que facía a miña avoa e que quitaban o sentido.
A miña avoa Estrela era unha gran cociñeira e a pena e que non hai nada escrito do que facía, todo o tiña na cabeza.
A verdade é que non me saíron moi malas, paro nada que ver co sabor que recordo. Hai quen di dos sabores non se teñen recordos; eu non estou de acordo.
Non vou a dar medidas, soamente ingredientes e o demais vai en función dos comensais.
Para este trío de recheos necesitaremos:
Patacas
Cebolas
Tomates
Carne picada
Bonito
Tomate frito
Porro
Cenorias
Allos
Pemento verde e vermello
Fariña
Leite
Mostaza
Caldo de carne
Viño branco
Sal e aceite
O primeiro que faremos será facer o oco nas patacas, cebolas e tomates, para iso usaremos unha culler francesa.
Facelos con coidado de non romper as paredes. O que sacamos das patacas para unha tortilla, o que sacamos das cebolas para usar na receita (si fixera falla máis xa sabedes) e o que sacamos dos tomates para o seu propio recheo.
Unha vez rematada a tarefa anterior, empezamos a preparar o recheo das patacas e das cebolas, para iso nunha cazola poñemos cebola, un porro e allo, todo elo ben picado. Deixamos que se faga lentamente.
Cando as verduras estean ben pochadas, incorporamos a carne para que se faga co conxunto das verduras. Incorporamos unhas culleradas de tomate frito e dúas culleres de sobremesa de mostaza. Deixamos facer un pouco máis e botamos unha cullerada de fariña e leite para facer unha especie de bechamel. Remexemos e reservamos.
Noutra cazola votamos cebola e allo ben picados, e o tomate sacado do recheo. Deixámolo facer e incorporamos o bonito desmiolado. Dámoslle unhas voltas e reservamos.
Untamos os tomates con aceite e enchemos ca súa preparación. Poñemos, os tomates, nun recipiente axeitado o forno e facemos a 170º ata que vexamos que está no seu punto.
Mentras, nunha cazola ampla, pochamos cebola, porro, allo e
cenoria. Cando estean as verduras no seu punto, incorporamos un vaso de viño branco. Deixamos evaporar o alcohol.
Poñemos na cazola as patacas e as cebolas e botamos o caldo de carne ata o límite do oco feito para o recheo. Deixamos facer a lume brando.
Pasamos o prebe resultante polo chino e reducimos.
Presentamos unha pataca, un tomate e unha cebola en cada servizo.

Non vos ides a arrepentir do traballo, polo estupendo resultado.