Ir al contenido principal

Arroz con costela de porco

Ir a receita en castelán

Un prato moi sinxelo, tradicional e con un sabor moi bo.
Ademais estamos a falar do arroz, xa sabedes unha das comidas que máis me gustan.
Imos a precisar:

Arroz bomba
Costelas de porco
Cebola
Allo
Pemento choriceiro
Pemento verde
Pemento vermello
Mostaza
Viño branco
Sal e aceite

Coma sempre pasamos as costelas por unha tixola con aceite e dourámolas.
Mentres nunha cazola pochamos, picadas, a cebola, o allo, o pemento verde e o pemento vermello.
Cando as verduras estean no seu punto engadimos a costela dourada. Damos unhas voltas o conxunto e incorporamos o viño branco, deixamos evaporar o alcohol. Salgamos.
Cubrimos con auga e botamos dúas culleriñas de carne de pemento choriceiro e unha de mostaza (podedes prescindir da mostaza é unha debilidade miña).
Deixamos facer a lume brando.
Unha vez rematada a cocción, sacamos as costelas do caldo e reservamos o calor.
Nun recipiente axeitado para facer o arroz, botamos aceite de oliva e un allo picado. Incorporamos o arroz e sofritimos un momento. Remollamos co caldo de facer as costelas e facemos do xeito habitual.
Chegado o final do arroz, podemos incorporar as costelas ou servilas aparte. Vai a estar bo das dúas maneiras.
Este arroz, sen a costela tamén pode ser unha magnífica guarnición.