Ir al contenido principal

Xarda o forno con patacas

Ir a receita en castelán

Como creo que xa o dixen en algunha outra entrada, a xarda é un dos peixes azuis que máis me gustan.
Polo anterior case se deduce que esta receita vai sobre a xarda, unha receita moi simple e na que todo o traballo é da pescantina.

Necesitaremos:
1 xarda por comensal
cebola
patacas
sal Maldón
aceite

Como digo máis arriba, pedímoslle a pescantina que nos abra o peixe, que no lo limpe e que lle saque a espiña.
Cortamos as patacas e a cebola en rodelas e facemos unhas patacas panadeira. Unha vez rematadas poñémolas nuha fonte que poda ir o forno, a modo de cama e salgamos. Reservamos.
Co fin de non darlle volta no forno, nunha tixola ou prancha poñemos a xarda ca pel contra o lume, deixamos facer ata que se toste.
Unha vez no seu punto, pasamos a xarda a fonte, por riba das patacas reservadas, regamos con aceite de oliva e levamos o forno prequecido a 190º. En uns 10 ou 15 minutos está para servir.
Como veredes na fotografía, sacrifico esa bonita cor dourada, co fin de que non se seque e quede no seu punto.
Empratamos con unha patacas e salgamos, sen máis aderezos. Máis rápido e limpo non pode ser e de un resultado espectacular.