Ir al contenido principal

Espeto de cocido

Ir a receita en castelán

Dado que estamos cos últimos golpes do inverno, estamos tamén con los últimos cocidos da tempada.
Como case sempre sobra, as opcións de recuperalo para outra comida son varias, croquetas, roupa vella, empanada, etc. Hoxe vou a ofrecer outra, en espetos e para elo necesitaremos,
Chourizo
Patacas
Touciño
Cachucha (neste caso era prensadada)
Pemento agridoce de La Vera
Aceite de oliva virxe
 
Dado que todos os ingredientes están xa cociñados con anterioridade, o único que nos queda é montalos, quentar e servir.
Para montalos cortamos os ingredientes en dados e pinchamos nos espetos.
Para quentar o máis aconsellable sería quentalo no caldo de facer o cocido. Na ausencia de este, pódese dar un golpe de calor no microondas.
Para servir espolvorear co pemento, botar con un bo chorreón de aceite de oliva virxe e acompañar con un bo pan.
A saborealo.