Ir a receita en castelán
Que tal amigos blogueiros e público en xeral, aquí estamos xa plantados no mes de marzo, cando aínda estamos a dixerir o último mazapán. Filosofía barata sobre o paso do tempo.
Diredes e este tonto que está a falar do tempo, se fixera uns ovos con patacas gañaría máis, e teriades razón. Pero xa vedes hoxe deume por esta teima.
Falemos do que nos ocupa: a nosa cociña. Vouvos a falar dunha crema cunha mestura moi especial: a froita e o xamón.
Para esta mestura precisaremos (as cantidades dan para 6 pax):
1 bolsa de puré de patacas Maggi
1 bote de leite evaporada Ideal
4 mazás Golden
1 bo codillo de xamón
1 litro de caldo de verduras
6 lonchas de xamón curado
25 grs de manteiga
Sal e pementa
Cas lonchas de xamón faremos uns crocantes podemos facer de dou xeitos:
1º no forno convencional a 150º uns 20 minutos, ou
2º no microondas entre un minuto e medio ou dous a toda potencia.
Pelamos as mazás, descorazonamos, cortamos en gallos e refogamos na manteiga (procurade que as mazás sexan ben saborosas).
Engadir o litro de caldo, os osos de xamón, pementa e sal (ollo ca sal do xamón). Cocer a lume brando uns 30 minutos.
Pasado o tempo retiramos os osos de xamón e trituramos as mazás ata quedar todo nunha crema fina.
Engadimos a leite evaporada e os copos do puré. Remexemos para que todo se integre ben e quede fina.
Servir cun crocante de xamón ou ben con el esparexido pola crema a modo de picatostes.
Notaredes un primeiro sabor o doce da mazá, para inmediatamente notar toda a intensidade do xamón.
Non vos arrepentiredes de probalo.
Viaxes de curta duración, feitas, fundamentalmente, en automóbil. Pero en algunhas ocasións con rutas a pe de curto percorrido. As viaxes son unha boa desculpa para que nos leve a gastronomía, a cal terá unha presenza importante neste blog.


Ufff non teñas dúbidas de que o penso probar.... encantoume a mezcla.
ResponderSuprimirBiquiños mil.
Lau.
Que orixinal¡ Esta teño que facela sí ou sí, boa finde¡
ResponderSuprimirUnha crema que teño que probar, que orixinal.
ResponderSuprimirBicos.
Pepe interesante receta que pase un feliz fin de semana.
ResponderSuprimirUn cordial saludo desde…
Abstracción textos y Reflexión.