Ir a receita en castelán
Como poderedes ver, continuo a probar as pezas de porco Selecta Coren, hoxe tocoulle a unha peza bastante apreciada, o solombo.
Para dúas persoas precisaremos os seguintes ingredientes:
1 peza de solombo de Selecta Coren o vacio
Foie de pato en cantidade necesaria
2 patacas medianas
Aceite
Sal Maldón
150 ml de Pedro Ximénez
Limpamos as patacas e poñémolas a cocer con pel. Retiramos antes de completar a cocción. Pasamos por auga fría co fin de parar a cocción, pelamos, cortamos en rodelas de 1 cm e con un molde redondo da medida do solombo, recortamos as rodelas.
Nunha tixola botamos bastante aceite coma para cubrir as patacas preparadas. Confitamos as mesmas a baixa temperatura, contra o final subimos a lume forte para que collan unha lixeira cor dourada. Reservamos e salgamos.
Mentres se fan as patacas facemos o resto das tarefas.
Poñemos o Pedro Ximénez nun cazo pequeno e deixamos a reducir o lume brando (para esta preparación non lle botei azucre, penso que co doce do viño chégalle), ollo ca redución cando arrefría espesa máis.
Cortamos o foie en lonchas e co mesmo molde recortamos. Reservamos.
Limpamos o solombo de graxas e cortamos en rodelas de uns 2 cms. Pasamos a prancha pincelada con aceite. Imos facendo por todos os lados, tendo en conta que non se pase moito (é porco, tampouco debe quedar cru).
Para a montaxe do prato poñemos unha rodela de pataca, unha de solombo salgado ca sal Maldón e unha rodela de foie.
Damos un golpe de forno (ollo que non se desfaga o foie) para que a graxa do foie se mesture co solombo.
Regamos ca redución do Pedro Ximénez e a non deixar que arrefríe. Quedaredes moi satisfeitos do resultado final.
Viaxes de curta duración, feitas, fundamentalmente, en automóbil. Pero en algunhas ocasións con rutas a pe de curto percorrido. As viaxes son unha boa desculpa para que nos leve a gastronomía, a cal terá unha presenza importante neste blog.
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


e que non son moito de foie senón saia pitando cara Ourense, agora que o prebe que ten esta para mollar pan
ResponderSuprimirEse solombo está a porme os dentes largos.
ResponderSuprimirA mín é a carne que máis me gusta e esa túa ten un aspecto realmente apetitoso.
Bicos
Un trío perfecto, todo un lujo. Un abrazo, Clara.
ResponderSuprimirPepe, un prato moi saboroso.
ResponderSuprimirUnha aperta compañeiro.
Pero que bo, eu teño algun aperitivo parecido pero este gustame, felicidades
ResponderSuprimirPois eu sí son de foie, vamos, a fan nº1, e esta combinación túa acaba de facerme salivar a todo trapo.... a culpa é miña por entrar aquí a estas horas.... quen me mandaría a min....
ResponderSuprimirUnha aperta!!
Lau.