Ir al contenido principal

Tosta de tomate e aceite

Unha proposta rápida pero de un sabor intenso. Esta é unha proposta de alternativa o noso almorzo tradicional, que non e habitual por estes lares.
Unha consideración, na medida do posible usade un bo aceite; é a esencia de esta tosta.

Precisaremos:
Pan
Tomate
Allo (opcional)
Aceite de oliva virxe
Sal

Tan sinxelo coma meter a tosta do pan no forno (xa teño indicado sobre 200º sin  prequecer uns 5 minutos).
Frotar o allo no pan torrado (como indico opcional), frotar o tomate (neste punto pódese raiar o tomate e poñer o resultado na tosta, a min gústame frotalo), salgar con unhas pedras de sal (uso sal Maldón) e regar xenerosamente con aceite de oliva.
Tan sinxelo e tan enorme. Coma recomendación probalo polas mañás coma almorzo con un bo café.