Ir al contenido principal

Bacallau alloarrieiro

Imos a darlle a unha receita de bacallau, que coido que ainda non tocáramos este pau.
Imos con algo sinxelo, pero moi saboroso.




Imos a usar:
3 ou 4 lombos de bacallau desalado
1 cebola
1 pemento verde
2 dentes de allo
3 pementos chouriceiros
1/2 vaso de prebe de tomate
1 ou 2 anacos de guindilla

Poñemos a cocer o bacallau, arrancando dende auga fría. No momento que empece a ferver apartámolo do lume e deixámolo temperar na auga.
O mesmo tempo poñemos os pementos chouriceiros en auga temperada, para despois rasparlle a carne.
Picamos a cebola, os dentes de allo e o pemento poñemos a pochar.
Cando empece a coller cor, engadimos o prebe de tomate, a carne dos pementos chouriceiros, a guindilla e o bacallau desmigado.
Deixamos facer o conxunto uns 5 minutos. Se quedase sen humidade, pódese engadir unha pouca auga.
Ata aquí a receita, a presentación a vosa imaxinación. Eu usei unhas patacas previamente cocidas que logo cortadas en rodelas dinlle unha fritura e ovo cocido.
Acompañei o prato con unhas tostas de pan frito.
Realmente bo, para facer conversos a os que non gustan do bacallau, coma eu.