Ir al contenido principal

De paseo por Rivela


Hola de novo, o sábado de Entroido fumos a xantar a Rivela o cocido reglamentario que corresponde a estas datas (e de verdade que era reglamentario). Ben non vos falo do xantar, xa todos sabedes que roza a gula, amen.
Despois de unha sobremesa a base de doces relativos a festa e licor café, pontificamos sobre política e arranxamos se non o mundo boa parte del.
Como o xantar fervía no forno decidimos ir a pasear, saímos o meu cuñado Avelino, a miña irmá Isa, o Pepe e a Lola ( xa sabedes, os nosos parentes de Valencia), a Margarida e máis eu. 
Fumos pola igrexa de San Xulián, boa mostra do románico, no meu corto entender penso que rematada gótico. Seguimos pola beira esquerda de igrexa. No camiño vimos unhas casas rehabilitadas que poderían servir de exemplo para o feismo que nos invade (bueno chámanlle modernismo misturado coa tradición), realmente fermosas.
Un pouco máis adiante atopamos as sinais de unha ruta de senderismo, como a pinta era boa , decidimos tomala e facela.
A sorpresa foi fantástica, atopámonos no medio de unha fermosa fraga. O camiño era empinado para baixar, pero levadeiro. Segundo imos vaixando escoitábamos o rumor da auga. Chegamos ata a auga, era o rego Lusín, máis por mor da auga caida era un auténtico riachuelo. Todo o paseo pola beira do rego e no medio da fraga foi realmente estupendo. O camiño levounos ata Prado e de alí a casa.
O pedazo de ruta que fixemos é parte de unha máis ampla e circular que sae de a aldea de Meriz e volve a o mesmo lugar. A ruta é a circular de Coles. Se podedes acercádevos unha tarde polo lugar.