Ir al contenido principal

Solombo en masa follada

Despois de este período de descanso, e con unha voda entre medias, imos a ver si empezamos a facer algunha cousa, nestes momentos teño o corpo un pouco vago, pero imos a intentalo, e para elo vamos con algo que non leva máis de cinco minutos preparalo, o resto do tempo é traballo do forno.

Imos a precisar:
Solombo de porco
Paté a pementa
Touciño en láminas (non afumado)
1 lámina de masa follada fresca
1 ovo


Collemos o solombo e retirámoslle todas as peles e graxas que poida ter, untamos co paté a pementa e rodeámolo a o longo co touciño (sacámoslle o coiro as láminas).
Desenrolamos a masa follada e pinchámola varias veces cun garfo, para que non suba moito no forno. Colocamos o conxunto do solombo na masa e envolvemos como si de un paquete se tratase. Con moito coidado podemos facerlle uns cortes en diagonal na masa para que lle dea un aspecto de barra de pan.
Pintamos co ovo batido.
Metemos no forno prequecido a 200º ou 210º por un tempo de 30 minutos, se os 20 minutos víramos que se tosta moito a masa, procederemos a tapala cun papel de aluminio.
Pódese servir quente ou fría. De todos los xeitos, para cortala en rodelas, compre deixala arrefriar un pouco.
Non uso nin sal, nin pementa xa que cos condimentos dalle o punto xusto.
Podedes usar o papel no que ven a masa, para levar o conxunto a o forno.