Onte fixen a etapa do Camiño de Santiago que me quedara pendente no mes abril, por mor do mal da pila, da pila de anos que un vai tendo.
Como estamos nuns días nos que o calor é tremendo, saín de Ourense moi cedo e as 7,30 da mañá, sa estaba iniciando o percorrido en Triacastela.
Esta etapa ten dous percorridos posibles para facer: o do Camiño Francés ou o que vai por Samos.
Eu escollín o primeiro, pois vai entre vales (a segunda opción ten moito percorrido de carrtera), despois dos 4 ou 5 primeiros kms de unha subida que tira do peito, vas camiñando a mesma altura dos montes que te rodean, e por unha razón moi importante, son cerca de 6 kms menos e como o Mosteiro de Samos xa me era coñecido a decisión foi fácil.
Despois de eses catro ou cinco kms duros do principio, o percorrido faise moi levadeiro o que axuda a beleza que te vai rodeando.
Ademais, como lle comentei a miña muller e máis a Pepe e Lola, que me foron a recoller, tiven a sorte de atoparme polo Camiño cun anxo enviado por alguén, que tomou a forma de unha muller rubia e esvelta que daba medo mirar para ela por mor si se lle facía dano do fráxil que parecía e do fermosa que era. Non sei si os anxos son así, pero as walkirias viquingas, de seguro que si o eran.
As 11,30 xa andaba por Sarria e a calor estábase a tornar case que insoportable.
Xantamos na mesma Sarria un menú do máis enxebre, polbo, carne o caldeiro e viño tinto do da casa de toda a vida (xa me entendedes).
Nas fotografías que acompañan a este comentario, van incluídas unha visita que fixemos a igrexa de Vilar de Donas, que corresponde a etapa de Portomarín a Palas de Rei e que no seu momento nun fomos vela.
Bo camiño.