Por aquí outra vez, imos a facer nos seguintes días unhas receitas sinxelas para uso diario.
Para a receita que nos ocupa, imos a necesitar os seguintes ingredientes para catro persoas:
1 lata de pementos do piquillo (se son de Lodosa mellor)
1 Solombo de cerdo
1 Ovo
Fariña, aceite, sal e pementa
Cortamos os pementos en tiras e imos botándoos nunha cazola, engadimos o zume propio que traen os pementos e un pouco de aceite. Reservamos.
Cortamos o solombo en medallóns, aplanamos un pouco e salpimentamos. Pasamos os medallóns por fariña e ovo e fritimos volta e volta.
Unha vez fritidos, ímolos poñendo por riba dos pementos. Dámoslle un pequeno fervor.
Se quedan feitos de un día para o outro, gañan en sabor.
Fácil, rápido e previsor. Que vos aproveite.