Como onte houbo andaina, hoxe decidín facer algo que non me levase moito tempo, e metinme con unha parte do polo que a min paréceme a mellor con diferencia.
Estou a falar do antemuslo do polo. Teño varias receitas con este produto que segundo as vaia facendo, subireinas a este blog.
Para a que hoxe nos ocupa, necesitaremos os seguintes ingredientes para catro persoas:
300 grs. de antemuslos de polo corral sen pel nin oso
2 porros
2 láminas de follado
1 cullerada de piñóns
2 culleradas de nata para cociñar
4 culleradas de brandy
1 ovo enteiro
1 xema
Raíz de xenxibre, sal, pementa e aceite
Procederemos da seguinte maneira:
Cortaremos os antemuslos e anacos pequenos e deixarémolo macerar unhos 30 minutos no brandy.
Limpar e cortar en rodelas finas os porros, refogalos nunha tixola con un pouco de aceite ata que estean lixeiramente dourados. Agregar as pasas, os piñóns e un pouco de reladura de xenxibre.
Engadir os anacos de polo e refogar uns minutos ata que empecen a dourarse, engadir a nata misturada coa xema de ovo, sazonalo con sal e pementa e refogalo todo xunto uns minutos.
Desenrolar a masa de follado e con a axuda de un corta pastas (de 10 cms para que saian xeitosos ou da medida que queirades), cortar 8 discos. Poñer no centro de 4 de eles o recheo que vexades necesario tapalos con os outros 4 discos e pechalos polos bordes, facendo un pequeno burato no medio (para que saia o vapor) e pintar con o outro ovo batido.
Cocer os follados en forno forte, previamente prequentado, durante 20 minutos.
Si vedes que se tosta demais, poñédelle un papel de aluminio por riba.