viernes, 18 de enero de 2013

#CocidoTrip Lalín 2013

Ir a entrada en castelán

Como xa veriades nestes días atrás, o sábado 19 e como preludio de Festa do Cocido de Lalín, vai a ter lugar unha xuntanza de bloggers relacionados ca gastronomía, o turismo e a información.
Alma mater desta iniciativa , é un amigo virtual, ata mañá en que quedará desvirtualizado, estou a falar do lalinense Xavi_life.
Na xornada de mañá tentaremos levar a Festa do Cocido de Lalín, ata o punto más afastado que poidamos e se fose posible facer TT en twitter.
A Festa do Cocido de Lalín e sobradamente coñecida pero intentaremos que a súa expansión sexa un pouco maior e dar a coñecer a Lalín e as súas industrias.
No momento de escribir estas las está a chover coma si o mar estivera desbordándose, pero que se prepare Lalín e o #CocidoTrip que non nos desmoralizan catro gotas e alí estaremos aínda que sexa en barca.
Dentro das actividades a desenrolar na xornada, está a recepción no Concello de Lalín, a visita de industrias destacadas coma os Embutidos Lalinenses e Queixos Pazo de Anzuxao para as tres da tarde tomar "posesión" do cocido que nos prepara Alex no Restaurate Cabanas.
Coma vai a rematar non o sei a estas horas, pero en algún twuit destes días ata se falaba de musica folk en vivo.
Pois xa vos contarei despois, pero isto pinta máis que ben.
Haberá novas e fotos. Atentos o #CocidoTrip en twitter novas en directo.
Prepárate Lalín que imos.