Ir á receita en castelán
Volvemos, de novo, cunha receita de bacallau.
Unha receita que saquei do libro "La comida de la familia Ferran Adriá"
Un libro con menús moi ben estruturados e con receitas alcanzabels para cocinillas.
- 400 grs de bacallau desalgado
- 150 grs de pemento vermello
- 150 grs de pemento verde
- 360 grs de berenxena
- 300 grs de cabaciña
- 300 grs de tomates maduros
- 210 grs de cebola
- 2 dentes de allo
- 5 culleradas de aceite de oliva
- 500 ml de aceite de xirasol
- Sal e pementa negra
A sanfaina é un prato típico da cociña mediterránea, sendo a cabaciña e a berenxena os elementos principais.
Do outro compoñente do prato, o bacallau, pouco nos queda que non contáramos. penso que ligan perfectamente.
- Picamos o allo. Tamén picamos a cebola e os dous pementos en pequenos cadrados.
- Pelamos a berenxena. Picamos a cabaciña e a berenxena en similar tamaño que os pementos e a cebola.
- Relamos o tomate.
- Fritimos no aceite de xirasol, a berenxena e a cabaciña ata que tomen algo de cor, Escoamos e reservamos en papel absorbente.
- Comenzamos a sofritir a cebola e o allo, engadimos os pementos e deixamos facer o conxunto.
- Engadimos a berenxena e a cabaciña reservadas e o tomate relado. Deixamos cocer a lume brando unha hora. Salpimentamos e podemos engadir un pouco de auga, se fose necesario, para que quede melosa.
- Mentres se fai a sanfaina, esmigallamos o bacallau.
- Incorporamos o bacallau á sanfaina e deixamos facer un par de minutos.
Xa temos listo o nos prato. Podémolo degustar directamente en prato, ou tamén nunhas tostas.
De calquera dos xeitos vai a estar moi bo.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito