Ir á receita en castelán
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
Volvemos a coller as conservas, como fío condutor da preparación de moi bos pratos.
Lendo aquí e alá iremos facendo unhas estupendas receitas que nos ofrece Conservas Paco Lafuente.
- 1 lata de zamburiñas
- 1 ceboleta
- 1 tomate maduro (pero firme)
- 1 aguacate
- 1 cuarto de pemento verde
- 1 lima
- Ceboliño
- Sal
Xa levades visto a miña querencia por as preparacións con conservas, por eso busco pola rede aquelas que merece a pena compartir, aquelas que son de sinxela execución e sobre todo aquelas cas que imos a triunfar na nosa mesa.
Nesta primeira receita usaremos zamburiñas.
Este molusco de menor tamaño que a vieira, pero que penso de mellor calidade e textura. É capturada, principalmente en Galicia e Asturias.
A zamburiña ten unha irmá que é a volandeira muy similar e, tamén, de unha gran calidade.
- Sacamos as zamburiñas e reservamos por unha banda a carne e por outra o prebe da lata.
- Picamos fino o tomate (reservamos as sementes que trae como envoltas nunha xelatina), tamén a ceboleta e o pemento.
- Chafamos cun garfo a carne do aguacate. Engadimos as verduras picadas, a sal e o zume da lima (en cantidade necesaria). Mesturamos ben e tapamos con plástico alimentario, rozando este ca mestura, ata o seo uso.
- Para o servizo, poñemos un pequeno golpe de guacamole, por riba as zamburiñas e regamos cun pouco do prebe da lata. Acompañamos das sementes de tomate e un pouco ceboliño picado.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito