Ir al contenido principal

Mini lacón asado na olla de cocción lenta

Ir á receita en castelán
Hoxe volvemos a usar a nosa gran amiga: a olla de cocción lenta.
A verdade que é unha gran axuda na cociña unha olla deste tipo.

  • 1 mini lacón
  • Adobo (o teu gusto)
  • Patacas
Xa está, estes son todos os ingredientes para facer un delicioso prato e practicamente sen traballo.
O adobo podedes facelo cos ingredientes que sexan do voso gusto.
  1. Poñemos o mini lacón en auga o día anterior.
  2. Preparamos o adobo escollido. Eu usei pirixel, allo, tomiño, pementa negra, mostaza, pementón agridoce, sal e aceite. Mesturamos todo.
  3. Secamos ben o lacón e untamos ben co adobo.
  4. Cubrimos o fondo da olla con auga. Ollo, exclusivamente o fondo.
  5. Colocamos unha rexa na pota (para que a carne non estea en contacto ca auga) e sobre ela o lacón. Deixamos facer oito horas en baixa.
  6. Unha vez pasado o tempo, poñemos nunha bandexa e levamos ó forno prequecido a 200º. Deixamos que colla unha bonita cor dourada.
  7. Mentres facemos unhas patacas para acompañar e reducimos a salsa resultante da olla.
  8. Troceamos o lacón, acompañamos das patacas e regamos co prebe reducido.
Pouco mais que comentar. Outra estupenda comida que imos a facer sin case ningún traballo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es