Ir á receita en castelán
Estamos diante dun prato que é tradición. Un prato dos que gustan en todas as casas, diante dun prato no que un bo pan xoga un papel case de actor principal.
Resumindo diante dun prato dos de sempre, das avoas e das nais.
- 2 kilos de falda de tenreira galega con oso
- 4 patacas medianas
- 5 chalotas
- 1 porro
- 2 cenorias
- 1 dente de allo
- 100 grs de tomate frito
- 1 vaso grande de viño branco Ribeiro
- Caldo de carne
- Aceite de oliva
- Sal e pementa
Esta peza de carne necesita unha cocción longa, pero merece a pena a espera.
En canto as patacas podedes facer de dúas maneiras:
- Engadilas cando ó guiso lle falten uns 25 minutos
- Cocelas por separado e engadilas nos últimos cinco minutos.
- Cortamos a carne polos puntos entre osos.
- Selamos nunha cazola cun fondo de aceite de oliva. Cando estea dourada, retiramos e reservamos.
- Mentres se pasa a carne, pelamos as chalotas (pero deixamos enteiras), picamos o porro, a cenoria e o allo.
- Na mesma cazola de facer a carne, botamos as verduras e deixamos que se vaian pasando. Engadimos o tomate e deixamos facer o conxunto.
- Incorporamos a carne reservada, damos unhas voltas e engadimos o viño. Remexemos e deixamos que se evapore o alcohol.
- Cubrimos co caldo de carne, levamos a ebulición e baixamos a lume brando. Vai a necesitar como mínimo unha hora e media ca cazola a medio tapar.
- Cando a carne estea tenra, engadimos as patacas e facemos uns cinco minutos para que se empapen. Retiramos do lume e deixamos repousar, tapado, uns minutos.
Un consello, si as chalotas non están entre os vosos ingredientes habituais, non deixedes de usalas.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito