Ir á receita en castelán
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
Xa levábamos algún tempo, sen facer nada con carne de polo.
Imos a facer unha cocción a lume baixo, que vai a facer que todos os ingredientes queden perfectos.
- 1 polo en anacos (ou partes nobres)
- 60 grs de manteiga
- 6 chalotas
- 100 grs de touciño entreverado
- 6 champiñóns grandes
- 3 dentes de allo
- 1 cullerada de prebe de tomate
- 100 ml de viño branco Ribeiro
- Caldo de polo
- 2 culleradas de fariña
- Sal e pementa negra
Os que me seguides regularmente, teredes notado que non son moito de usar manteiga na miña cociña, pero teño que dicir que neste caso dalle un agradable toque. O prato en xeral estaba moi bo, pero as chalotas quedaron para comelas solas.
- Salpimentamos os anacos de polo.
- Poñemos a manteiga nunha cazola e douramos os anacos de polo e que se integren ca manteiga.
- Engadimos as chalotas peladas e enteiras. O touciño cortado en tiras e cociñamos ate que collan cor, uns oito minutos.
- Laminamos os champiñóns e os allos e engadimos ó conxunto. Remexemos e deixamos facer ata que os champiñóns solten a súa auga.
- Engadimos a fariña e remexemos para que se mesture. Incorporamos o prebe de tomate removemos e deixamos facer uns minutos.
- Poñemos o viño branco e deixamos que se evapore o alcohol, levando o conxunto case ata seco.
- Engadimos o caldo de polo e deixamos que se vaia facendo, tapado a lume baixo.
- Cando o polo estea no seu punto de cocción, o retiramos xunto cas verduras e o touciño a unha fonte. Se vemos que o prebe está moi solto, engadimos unha cullerada de fariña ou espesante, para conseguir a textura desexada.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito