Ir á receita en castelán
Na receita de hoxe imos a usar unha legume, que tivo a súa primeira colleita fai uns poucos meses. Falo de "A Faba Loba das Montañas de Trevinca", que imos a mesturar con un par de produtos de mar.
- 200 grs de Faba Loba das Montañas de Trevinca
- 1,200 de peixe sapo
- Gambón
- 2 cenorias
- 2 cebolas
- 2 ceboletas
- 1 porro
- 1 pemento roxo
- 2 tomates maduros
- 2 dentes de allo
- 1 vaso grande de viño branco Ribeiro
- Aceite de oliva
- Sal
Estamos ante unha faba firme, carnosa e tenra coma a manteiga. Para cocela usei a olla de cocción lenta e podo asegurarvos que quedaron no su punto de cocción perfecto.
Para os que queirades facer a receita e non teñades ocasión de obter este tipo de faba, podedes sustituila por unhas fabas de La Granja.
Das fabas
- Poñemos as fabas 12 horas en remollo.
- Pasamos as fabas á olla de cocción lenta, engadimos unha cebola en cascos, unha cenoria, un chorro de aceite e cubrimos con auga. Deixamos facer durante oito horas en baixa.
- Retiramos as fabas e reservamos.
- Pedimos na peixería que nos preparen ben o peixe sapo, Imos a traer para a casa a cabeza e a espiña.
- Pelamos os gambóns gardando as cabezas e as peladuras. Reservamos os gambóns pelados.
- Nunha cazola e cun pouco aceite pochamos unha cebola, porro e cenoria picadas. Engadimos as cabezas e peladuras dos gambóns e damos unhas voltas. Incorporamos a cabeza do peixe sapo, a espiña e cubrimos de auga. Deixamos facer uns 20 minutos, desespumando cando sexa necesario. Colamos e reservamos. Cando facemos un caldo con cabezas de peixe, non é convinte pasar dos 20 minutos, collería mal sabor.
- Picamos as ceboletas e sofritimos nunha cazola.
- Mentres picamos o pemento, os allos e os tomates e engadimos á cazola ca cebola. Deixamos que evapore a auga do tomate.
- Engadimos o viño, subimos o lume e deixamos facer ata que evapore o alcohol.
- Incorporamos as fabas reservadas e cubrimos co caldo de peixe. Damos unhas voltas para que se integren.
- Engadimos o peixe sapo en anacos e deixamos que se faga uns 8/10 minutos.
- Incorporamos os gambóns damos unha volta, tapamos e retiramos do lume. Deixamos que se fagan co calor residual.
Desde logo esta é unha receita de domingo.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito