Ir al contenido principal

Bocata de porco

Ir á receita en castelán
Sinxelo, sen lume e catro ingredientes.
Tremendamente saboroso e que ten que ser cun moi bo pan.


  • 1 pan mini mollete
  • Queixo en lonchas havarti
  • Touciño
  • Xamón cocido
  • Xamón serrano
  • Mostaza
Como vedes continuamos con receitas moi sinxelas e rápidas, non imos a prender o lume, pero si usaremos o microondas e o forno. Temos carne de porco en tres formas distintas que imos a mesturar cun queixo danés.
En canto ó queixo, podedes usar outro, pero que se funda ben.
  1. Poñemos unha loncha de queixo nun prato, por riba o touciño e o xamón cocido. Cubrimos con outra loncha de queixo e levamos un minuto ó microondas.
  2. Mentres abrimos o pan polo medio e untamos unha das partes ca mostaza.
  3. Ó sacar o prato do microondas, remexemos os ingredientes.
  4. Colocamos a mestura do queixo, touciño e xamón cocido, na base do bocata e por riba o xamón serrano.
  5. Tapamos ca outra tapa do pan e levamos ó forno prequecido a 200º uns tres minutos.
Xa unicamente nos queda desfrutar de este apetitoso bocata. Pero tampouco vos queimedes.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es