Ir á receita en castelán
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
Unha das cousas que mais me gustan na cociña, é facer e levar un rico prato á mesa, sen prender o lume.
Esta receita é o caso.
- 8 tomates rama
- 6 anchoas
- 2 culleradas de marmelada de tomate
- 2 culleradas pequenas de mostaza
- Ceboliño
- Aceite de oliva virxe
- Pementa negra
- Sal
Cando falamos de tartar é inevitable que a cabeza se nos vaia á carne.
Ademais de carne podemos facer un rico tartar con peixe, sendo os mais comúns con bonito ou salmón e, como non, tamén podemos usar algún vexetal para elaboralo.
Veredes o sinxelo da receita.
- Pelamos, retiramos as sementes e cortamos en dados. Poñemos nun coador para que elimine o exceso de auga.
- Picamos finamente as anchoas e o ceboliño.
- Nun bol mesturamos as anchoas e o ceboliño ca mostaza e a marmelada. Engadimos os dados de tomate e mesturamos ben.
- Aliñamos con sal, pementa e aceite ó gusto.
- Deixamos que macere o conxunto uns 20 minutos.
A presentación queda da vosa man, pero non me negaredes, que en catro pasos ides ter un fantástico entrante.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito