Ir al contenido principal

Polbo fritido sobre crema de San Simón con ovas de ourizo e allada

Ir á receita en castelán
Fago esta receita, partindo dunha realizada polo gran cociñeiro Miguel González Quintela, de Restaurante Miguel González.
Pídolle a Miguel que sexa indulxente comigo.
Grazas Miguel por ensinarnos tanto.
  • Polbo cocido
  • 75 ml de leite
  • 150 de tona
  • 150 de queixo San Simón da Costa
  • Ovas de ourizo
  • Allo
  • Aceite
  • Pementón de la Vera
  • Fariña de arroz (ou outra)
Como dicía mais arriba, espero que Miguel perdoe o atrevemento. Evidentemente non usei as técnicas que usa el, está feito dun xeito caseiro, pero penso que o resultado é bastante bo.
  1. Poñemos aceite nunha tixola e un dente de allo ó que lle dimos un golpe. Cando o allo empece a poñerse dourado, retiramos a tixola do lume e o allo da tixola.
  2. Botamos o pementón e remexemos rapidamente para que non se nos queime. Reservamos nun recipiente, para que os restos de pementón se vaian ó fondo.
  3. Nun cazo poñemos o leite e a tona. Levamos ó lume para que quente, pero non deixamos ferver. Retiramos do lume e engadimos o queixo en anacos e sen pel. Remexemos para que abrande e batemos.
  4. Pasamos por un coador para que a crema nos quede mais lisa e fina. Reservamos.
  5. Cortamos o polbo en talladas e pasamos pola fariña. Fritimos en aceite quente.
  6. Montamos no prato de servizo, cun fondo de crema de queixo, por riba o polbo, por riba do polbo unhas ovas de ourizo e regamos ca súa allada.
Penso que para facer na nosa casa, imos a ter un entrante de auténtico luxo. Xa veredes como triunfades na vosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es