Ir á receita en castelán
O mexillón é un dos mariscos mais humildes, pero tamén é, un dos mais saborosos. Un marisco versátil na nosa cociña, admitindo un montón de preparacións.
- 4 patacas medianas
- 1,5 quilos de mexillóns
- 10 gambóns
- 1/2 cebola
- Prebe de tomate
- 1/2 pemento verde
- 1/2 pemento roxo
- 1/2 rama de apio
- Pementón de la Vera
- Caldo de peixe
- Sal
- Aceite de oliva
Imos a ter mexillón durante todo o ano na nosa peixería, de todos modos é aconsellable facer unhas consideracións. Como o resto dos mariscos, a súa mellor época son os meses con "r", durante os meses de maio a agosto están en tempo de desove e son algo mais pequenos.
Como norma obrigada para evitar problemas, temos que tirar:
- os que veñan rotos
- os que ó tocarlles non pechen a súa cuncha de todo
- os que despois de cocidos non se abran.
E evidentemente non se poden consumir cando hai marea roxa (micro algas que alteran a outros organismos).
E dende logo consume mexillón galego.
- Limpamos os mexillóns das barbas e algas e poñemos nunha cazola.
- Retiramos as cabezas dos gambóns, pelamos e reservamos.
- Cocemos os mexillóns sen engadir líquido algún, ca auga que soltan eles vai a chegar. Imos retirando segundo vaian abrindo e sacando das cunchas. Se os deixades cocer de mais, vanse a encoller e endurecer. Reservamos.
- Escoamos a auga da cocción e reservamos para preparar o noso prato.
- Nunha cazola pochamos a cebola, os pementos e o apio. Salgamos.
- Cando as verduras estean no seu punto, engadimos o prebe de tomate. Damos unhas voltas e deixamos que se mesturen os sabores.
- Engadimos as patacas cortadas, pero chascando ó final do corte. Engadimos o pementón e damos unhas voltas.
- Botamos a auga da cocción dos mexillóns e, como case seguro que non nos vai a chegar, engadimos o caldo de peixe necesario.
- Cando vemos que as patacas lle quedan uns minutos, engadimos os mexillóns e os gambóns. Deixamos facer uns minutos e retiramos do lume. Tapamos e deixamos en repouso.
Como ves, ides a levar a vosa mesa un guiso mariñeiro, que fará as delicias os vosos comensais.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito