Ir al contenido principal

Tartar de salmón con aguachile verde

Ir á receita en castelán
Despois de un longo tempo de descanso, retomamos a actividade do blog.
Receita moi fresca con aires mexicanos.

  • 220 grs de salmón
  • 1/2 cebola morada
  • 1/2 pemento verde italiano
  • 1/2 cogombro
  • 1/2 chile verde
  • 3 limas
  • Coandro
  • Pementa negra
  • Auga
  • Sal
Como dicía, volto ó blog e veño cunha receita mexicana. Ou polo menos vouno a intentar, vos diredes.
Como prevención, débese conxelar o salmón. Ó menos 48 horas. 
Como ben di o título da receita, leva chile, ollo co picante que queredes na receita.
  1. Retiramos a pel e as espiñas do salmón e, como diciamos, conxelamos.
  2. Cortamos o salmón en dados pequenos e poñemos nun bol. Salpimentamos e engadimos o zume de dúas limas. Deixamos que macere uns minutos.
  3. Cortamos a cebola en plumas finas e un anaco de cogombro (ó gusto) en dados. Engadimos ó salmón, remexemos e reservamos.
  4. Preparamos a agua chile, poñendo no vaso do batedor, o medio pemento cortado en anacos, outro anaco de cogombro, chile (na medida que vexades) e un bo golpe de coandro. Engadimos o zume da outra lima, sal e un golpiño de auga. Batemos ben.
  5. Presentamos poñendo no centro do prato un par de culleradas e regamos ca aguachile verde.
Bocado moi fresco pero tendo coidado co picante e con aquelas persoas, que non aceptan ben os ácidos.
Teño que recordar que o líquido da maceración, queda cun sabor espectacular.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es