Ir al contenido principal

Solombo de porco en adobo con pak choi salteado

Ir á receita en castelán
Para min o allo, o pementón e o aceite, forma o triángulo máxico da cociña galega. Que queredes, aínda que cociñe pak choi, aplícolle o triángulo.

  • Pak choi
  • Solombo de porco
  • Allos
  • Pementa negra
  • Pementón agridoce
  • Pirixel
  • Tomiño
  • Aceite de oliva
  • Sal
O pak choi é familia directa das coles, neste caso trátase de unha col asiática. Con sabor un pouco distinto ó noso, pódese preparar ó vapor ou, como no caso de hoxe salteado. É bo que, o prepares como o prepares, que quede ó dente.
Como vos comentaba mais arriba eu decidín saltealo con allo, aceite e pementón.
  1. Cortamos o solombo en medallóns como de un dedo de ancho.
  2. Nun prato sopeiro, picamos allo en láminas ó gusto, engadimos pirixel picado, o tomiño, a pementa negra, o pementón e o aceite. Remexemos ben para que se mesturen todos os ingredientes. Poñemos os medallóns neste adobo e deixamos macerar, como mínimo unha hora.
  3. Mentres cortamos a base mais dura da col e imos sacando as follas e lavando ben. Escoamos ben a auga.
  4. Cortamos as follas en anacos (tamén podedes deixar as follas enteiras).
  5. Poñemos unha tixola ó lume e salteamos, o pak choi, en dúas culleradas de aceite, con algún allo do adobo do solombo. Deixamos un par de minutos e engadimos o pementón. Volvemos a dar unhas voltas para que se mesture, salgamos e deixamos ó dente.
  6. Na mesma tixola, pasamos os medallóns de solombo case que volta e volta.
  7. Servimos o solombo co pak choi salteado.
Temos que ir incorporando a nosa cociña produtos de outras rexións. Temos que facer mestizaxe gastronómico.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es