Ir al contenido principal

Milfollas de berenxena, sobrasada, tomate e queixo

Ir á receita en castelán
Estamos en temporada de vexetais e, a pesar de non ter unha pequena horta, sempre hai algunha alma caritativa que se acorda dun.

  • Berenxena
  • Prebe de tomate
  • Queixo (mozarella o provolone, etc)
  • Sobasada
  • Cebola
  • Sal
  • Aceite
Esta é unha preparación cun sabor intenso. Evidentemente os elementos de composición quedan o voso albedrío e gusto.
Aconsello non usar sal ca berenxena, pois a sobrasada o prebe e o queixo, xa levan de abondo.
  1. Preparamos un prebe de tomate ou usamos algún dos que hai no mercado.
  2. Pochamos unha cebola cortada en plumas
  3. Pelamos as berenxenas e cortamos en rodelas.
  4. Imos prequecendo o forno a 200º.
  5. Empezamos a montaxe dos milfollas, poñendo unha rodela de berenxena, por riba prebe de tomate, unha pouca cebola, un golpe de sobrasada e o queixo. Repetimos a montaxe ata tres rodelas.
  6. Levamos nunha fonte ó forno e baixamos a temperatura a 180º durante uns 20 minutos.
  7. Servimos quente.
Como xa vos dixen mais arriba, é un bocado de sabor intenso, que fará a delicia da vosa mesa. Rápido, sinxelo e case sen manchar.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es