Ir á receita en castelán
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
Volvemos de novo co bacallau, ese peixe que tan bo xogo nos da na cociña.
- 450 grs de bacallau desalgado
- 2 cebolas
- 4 patacas
- Allos tenros
- 1 pemento roxo
- 100 grs de pemento roxo asado
- Caldo de peixe
- Fariña
- Aceite
- Sal
Este prato esta feito con bacallau desalgado, pero na vosa man está usar outro tipo de peixe.
A estas alturas non vos vou a descubrir as bondades deste produto, tan versátil nas nosas cociñas. En empanadas, frito, fervido cunha allada, desfiado con pementón e aceite de oliva, etc.
- Cortamos o lombo de bacallau en tacos xenerosos e eliminamos as espiñas.
- Trituramos os pementos asados co batedor e emulsionamos cun fío de aceite.
- Cortamos a cebola en plumas fina. Sacamos a capa exterior dos allos tenros e cortamos en anacos. Cortamos tamén en tiras o pemento.
- Poñemos un fondo de aceite nunha tixola e engadimos a cebola, a lume brando, uns 5 minutos. Engadimos as tiras de pemento.
- Cando as verduras estean listas, engadimos a fariña e refogamos xunto cas verduras. Engadimos o caldo, levamos a fervor e engadimos as patacas, que se vaian facendo a lume medio.
- Incorporamos o bacallau e deixamos facer uns cinco minutos por cada lado.
- Retiramos do lume e deixamos que repouse un par de minutos.
- Poñemos na base do prato de servizo un golpe de prebe de pementos, unhas patacas por riba e o anaco de bacallau cos pementos e cebola.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito