Ir á receita en castelán
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
Imos a darlle outra volta a algunhas receitas con conservas, neste caso de Portomar.
Nesta ocasión imos a usar unha conserva que, creo, non é moi habitual nas nosas despensas: as agullas.
- 1 lata de agullas en aceite de oliva Portomar
- 2 patacas medianas
- 1/2 cebola morada
- 1/2 medio tomate rama
- 10 olivas negras
- Aceite de oliva virxe
- Sal
Como xa vos teño contado en outras ocasións, é unha pena que non nos aproveitemos destas grandes conservas que nos da Galicia,
Conservas Portomar é filial do grupo Armadora Pereira que, cos seus barcos, percorren os mares do mundo.
- Poñemos a cocer as patacas con pel.
- Mentres cocen, picamos fina a cebola, o tomate e as olivas.
- Sacamos as agullas da lata, reservamos dúas enteiras e desmiolamos o resto. Reservamos tamén o aceite que ven na lata.
- Cando as patacas sexan manexables, pelamos, cortamos en anacos, chafamos cun garfo e salgamos. Non queremos un puré de patacas, queremos que nos queden con certa textura.
- Engadimos as patacas a cebola, o tomate, as olivas, as agullas desmioladas e o aceite da lata. Mesturamos ben.
- Servimos cas agullas reservadas por riba.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito